OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

miércoles, 2 de noviembre de 2011

PASÁMOLO DE MEDO!!

Durante a semana do 24 ao 28 de Outubro celebramos no cole as IV Xornadas "Pasámolo de Medo", coincidindo coa celebración do Samaín.
O longo desa semana na clase realizamos moitas actividades relacionadas coa emoción do medo. Lemos contos, cantamos cancións, falamos daquelas cousas que nos producen ese sentimento... Pero ademáis asistimos a unha obra de monicreques titulada "Chincha Rabincha", realizamos un taller de cociña terrorífica, disfrazámonos de persoaxes monstruosos, coa axuda das familias elaboramos unhas cabazas chulísimas... Por aquí deixamos algunha foto de todas esas actividades.

UNHAS CABAZAS MOI TERRORÍFICAS, AÍNDA QUE ALGUNHA... ERA UN POUQUIÑO PRESUMIDA




UN TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICO: CON TORTA DE CABAZA, BRUXAS, MONSTROS, TUMBAS E SANGUE DE MORCEGO!!




DISFRAZADOS DE BRUXAS, ESQUELETES, VAMPIROS, MORCEGOS...AÍNDA ASÍ, SEGUIMOS ESTANDO GUAPÍSIMOS!




No blog da biblioteca do cole podedes ver tamén fotos de máis actividades: lectura de lendas e contos no recreo, representacións teatrais, inauguración e clausura das xornadas... Aquí tedes o enlace:
http://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/

4 comentarios:

  1. Gracias. Encántanme... ¡¡qué ben o pasan!! E ademais, co seu Baúl dos Medos e todo...jajaja.

    ResponderEliminar
  2. O do baúl está relacionado co conto que traballamos esa semana. Cada neno foi metendo algún debuxo daquelas cousas que o asustaban para que o medo fose desaparecendo. Así que no baúl hai serpes, fanecas bravas, buratos grandes, ruídos fortes, monstros... Imos ter que andar con coidado cando o queiramos volver a abrir!!

    ResponderEliminar
  3. Dí Sofía que ela meteu o Lago Ness jajaja...

    ResponderEliminar
  4. Jajajaj, si é certo!! A ela dáballe medo o lago completo, non só o monstro, ajajja. Temos de todo alí adentro. A ver se escaneo os debuxos e os subo.

    ResponderEliminar