UN BLOG CREADO PARA COMPARTIR AS EXPERIENCIAS EDUCATIVAS LEVADAS A CABO NA AULA DE INFANTIL 4 ANOS DO CEIP RICARDO TOBÍO
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
lunes, 18 de noviembre de 2013
COCIÑA TERRORÍFICA
Un ano máis, coincidindo coas Xornadas "Pasámolo de medo" realizamos un taller de cociña terrorífico. Desta vez o menú constou de sopa de vermes, momias, pantasmas e cabazas.
Velaquí as fotos da elaboración dos pratos e da súa degustación!
miércoles, 30 de octubre de 2013
PERSONAXES TERRORÍFICOS
Hoxe, mércores 30 de Outubro, celebramos no cole un acto para inaugurar as VI Xornadas "Pasámolo de medo". Nel recitamos o noso conxuro, vimos a representación dun poema de Francisco Añón "El borracho y el eco", a cargo do alumnado de 6º e visionamos a película Frankenweenie.
Para este acto viñemos disfrazados de personaxes terroríficos: zombies, bruxas, esqueletes,... Metiamos moito medo, pero estabamos guapísimos!!
CABAZAS PARA O SAMAÍN
Un ano máis, coincidindo coa celebración do Samaín, no cole celebramos as VI Xornadas "Pasámolo de medo". Unha das actividades destas xornadas,que nos encantan, é a de confeccionar unha cabaza na casa coa axuda da nosa familia.
Mirade que chulas!!
miércoles, 2 de noviembre de 2011
PASÁMOLO DE MEDO!!
Durante a semana do 24 ao 28 de Outubro celebramos no cole as IV Xornadas "Pasámolo de Medo", coincidindo coa celebración do Samaín.
O longo desa semana na clase realizamos moitas actividades relacionadas coa emoción do medo. Lemos contos, cantamos cancións, falamos daquelas cousas que nos producen ese sentimento... Pero ademáis asistimos a unha obra de monicreques titulada "Chincha Rabincha", realizamos un taller de cociña terrorífica, disfrazámonos de persoaxes monstruosos, coa axuda das familias elaboramos unhas cabazas chulísimas... Por aquí deixamos algunha foto de todas esas actividades.
UNHAS CABAZAS MOI TERRORÍFICAS, AÍNDA QUE ALGUNHA... ERA UN POUQUIÑO PRESUMIDA
UN TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICO: CON TORTA DE CABAZA, BRUXAS, MONSTROS, TUMBAS E SANGUE DE MORCEGO!!
DISFRAZADOS DE BRUXAS, ESQUELETES, VAMPIROS, MORCEGOS...AÍNDA ASÍ, SEGUIMOS ESTANDO GUAPÍSIMOS!
No blog da biblioteca do cole podedes ver tamén fotos de máis actividades: lectura de lendas e contos no recreo, representacións teatrais, inauguración e clausura das xornadas... Aquí tedes o enlace:
http://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/

lunes, 1 de noviembre de 2010
PASÁMOLO DE MEDO (PERSONAXES TERRORÍFICOS)
O 28 de Novembro, coincidindo coa clausura das Xornadas "Pasámolo de Medo", os pekes disfrazámonos de personaxes terroríficos: había bruxas,meigos, vampiros, monstros, zombies... Metía medo o guapos que estábamos!!!
PASÁMOLO DE MEDO (COCIÑA TERRORÍFICA)
Coincidindo coa semana do Samaín os pekes de infantil fixemos un taller de cociña terrorífico.
Con pauciños de pan e xamón e queixo fixemos unhas escobas de bruxa riquísimas.
Empregando biscoito, leite, nocilla, coco raiado e lacasitos creamos unha tarta pantasma!!
Tamén fixemos dedos esmagados con pan de molde, crema de cacahuete e cacahuetes
E con xelatina de fresa a sangue do vampiro!! Deliciosa!!!
Deixamos as fotos para que vexades canto disfrutamos con este taller

PASÁMOLO DE MEDO (AMBIENTACIÓN DO COLE)
Durante a última semana de Outubro, os pekes de Esteiro celebramos as xornadas "Pasámolo de medo" relacionadas coa festa do Samaín. Organizáronse diferentes actividades tales como a ambientación do cole, a lectura de lendas nos recreos, a decoración de cabazas, o festival do Samaín, ...
En canto á ambientación os de infantil decoramos o noso pasillo con un castelo terrorífico, do que saían uns morcegos, bruxas e pantasmas moi especiais. Mirade!!
En canto á ambientación os de infantil decoramos o noso pasillo con un castelo terrorífico, do que saían uns morcegos, bruxas e pantasmas moi especiais. Mirade!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)