fai un par de semanas estivemos no IES As Insuas, de Muros, visitando unha exposición de xoguetes tradicionales elaborados polo alumnado do centro. Alí puidemos ver e enredar con xoguetes coma os que tiñan os nosos pais, nais, avós e avoas cando eran pequenos: buxainas, andacamiños, viraventos,... case todos elaborados con elementos naturais: paus, madeira, fíos, papel, tea... Despois de ver a exposición invitáronnos a unha merendola con bocatas, zumes, patacas frixidas, ... Gustáronnos moito os xoguetes e estaba todo moi rico! Deixamos unhas fotos da visita.
¡Qué ben o debéstedes de pasar!, eh??? Pero os gusanitos e as patacas frixidas... eso sí que molou, ¿eh?
ResponderEliminarSi, a algún foi o que máis lle gustou, jajaj. Pero creo q é moi positivo que vexan que con calquera cousa se pode crear un xoguete, que na natureza atopamos moitas cousas que nos sirven para enredar e que poden ser tan divertidas como calquera outro xoguete que merquemos.
ResponderEliminar