OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

miércoles, 30 de noviembre de 2011

XOGUETES ESQUECIDOS

fai un par de semanas estivemos no IES As Insuas, de Muros, visitando unha exposición de xoguetes tradicionales elaborados polo alumnado do centro. Alí puidemos ver e enredar con xoguetes coma os que tiñan os nosos pais, nais, avós e avoas cando eran pequenos: buxainas, andacamiños, viraventos,... case todos elaborados con elementos naturais: paus, madeira, fíos, papel, tea... Despois de ver a exposición invitáronnos a unha merendola con bocatas, zumes, patacas frixidas, ... Gustáronnos moito os xoguetes e estaba todo moi rico! Deixamos unhas fotos da visita.



viernes, 11 de noviembre de 2011

CELEBRANDO O MAGOSTO E O DÍA DO TROMPO

Di o refrán: "Polo San Martiño, trompos ao camiño" E así o fixemos no Ceip Ricardo Tobío. O día 11 de Novembro celebramos o día do trompo, pero tamén o MAgosto. Despois do recreo saímos todos ao patio cuberto. Por ciclos fomos ao medio da pista para tirar os nosos trompos. Algúns familiares tamén se animaron a facelos bailar. Logo cantamos e bailamos a canción "Coma o trompo". Tras isto, o alumnado do centro que vai a clases de baile galego fíxonos unha demostración do ben que baila. Por último comemos castañas asadas que estaban riquísimas!












Coincidindo con esta celebración do día do trompo, no corredor do cole fixemos unha exposición con trompos de diferentes formas, tamaños, cores... Os nenos e nenas de infantil colaboramos elaborando unhas caramiñolas de papel coa profe Elena e uns trompos de serpentina con Raquel. Deunos bastante traballo facelos pero quedaron moi chulos e bailan moi ben.



EXPOSICIÓN


BESBELLOS DE CARTÓN (4 ANOS) PIRINOLAS DE PASTA (3 ANOS)


CARAMIÑOLAS DE PAPEL E TROMPOS DE SERPENTINA (5ANOS)

OLLADE QUE BEN BAILAN OS TROMPOS QUE FIXEMOS!!


miércoles, 2 de noviembre de 2011

PASÁMOLO DE MEDO!!

Durante a semana do 24 ao 28 de Outubro celebramos no cole as IV Xornadas "Pasámolo de Medo", coincidindo coa celebración do Samaín.
O longo desa semana na clase realizamos moitas actividades relacionadas coa emoción do medo. Lemos contos, cantamos cancións, falamos daquelas cousas que nos producen ese sentimento... Pero ademáis asistimos a unha obra de monicreques titulada "Chincha Rabincha", realizamos un taller de cociña terrorífica, disfrazámonos de persoaxes monstruosos, coa axuda das familias elaboramos unhas cabazas chulísimas... Por aquí deixamos algunha foto de todas esas actividades.

UNHAS CABAZAS MOI TERRORÍFICAS, AÍNDA QUE ALGUNHA... ERA UN POUQUIÑO PRESUMIDA




UN TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICO: CON TORTA DE CABAZA, BRUXAS, MONSTROS, TUMBAS E SANGUE DE MORCEGO!!




DISFRAZADOS DE BRUXAS, ESQUELETES, VAMPIROS, MORCEGOS...AÍNDA ASÍ, SEGUIMOS ESTANDO GUAPÍSIMOS!




No blog da biblioteca do cole podedes ver tamén fotos de máis actividades: lectura de lendas e contos no recreo, representacións teatrais, inauguración e clausura das xornadas... Aquí tedes o enlace:
http://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/