OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

martes, 12 de junio de 2012

CÓMO SE FIXO A PELÍCULA DA SEREÍÑA ARIEL

Neste video os pekes de Esteiro explicámosvos como rodamos a nosa peli. Nel tamén podedes ver algunha das tomas falsas.

lunes, 11 de junio de 2012

A SEREÍÑA ARIEL

Este trimestre, os pekes de Esteiro descubrimos moitas cousas sobre o cine e incluso creamos a nosa propia película a partir dun dos nosos contos preferidos: A sereíña Ariel. Iso si, fixémoslle algúns cambios. O proceso de creación da película foi longo. Primeiro tivemos que crear o guión, fixemos os castings para seleccionar aos actores e ás actrices, preparamos o vestiario e os decorados, fixemos ensaios, aprendemos a manexar a cámara, rodamos escenas,... O montaxe final fixoo a profe empregando un programa de edición de video. Fixemos unha preestrea da película á que asistiu o alumnado de infantil e as familias dos actores e actrices. A estrea tivo lugar nun dos recreos e a ela foron moitos compañeiros de primaria. Para que todos poidades disfrutar da peli colgámola aquí, no noso blogue. A calidade non é moi boa porque tivemos que reducila para poder subila á rede. Esperamos que vos guste!!

XOGOS TRADICIONAIS

O pasado venres, día 8, os pekes de infantil celebramos no colexio unha xornada de xogos tradicionais. Xogamos ás chapas, ós birlos, ó arrastre de peixes, ós trompos, á rá, ao coelliño e a toba, a pillar o rabo do raposo e tamén fixemos xogos de roda con cancións tradicionais. Gúastannos moitos estes xogos cos que tamén disfrutaban os nosos pais e nais, avós e avoas,... Velaquí unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!!

domingo, 10 de junio de 2012

DE EXCURSIÓN

O pasado mércores 6 de Xuño fomos de excursión ao centro ocupacional de Valadares. Alí acolléronnos moi cariñosamente. Mostráronnos cómo traballaban nos seus talleres de barro, cestería e viveirismo, e deixáronnos participar nos mesmos. Co que máis disfrutamos foi co de barro. Fixemos churros, bolas, cuncas, caracois, bonecos,... O de cestería era un pouquiño máis difícil, pero coas explicacións das monitoras colaboramos na elaboración de cestos. Tamén traballamos coa terra e plantamos algúnha planta, como poderedes ver nas fotos que aquí deixamos.

viernes, 30 de marzo de 2012

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Neste segundo trimestre os pekes que estiveron de aniversario foron: Xián, Sofía, Javi, Lola e Iván.
Para festexalo fixemos un taller de cociña no que preparamos "cariñas mariñeiras" con galletas mariñeiras, queixo de untar e aceitunas, e tamén "fresilandias" con fresa, iougur e lacasitos!! Mmmmm Estaba todo riquísimo!!



jueves, 15 de marzo de 2012

AS MANS EN ALTO

Velaquí o Lipdub que realizamos no colexio co motivo do día da Paz, e da próxima celebración dos xogos olímpicos en Londres. Esperamos que vos guste

viernes, 17 de febrero de 2012

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!

Xa chegou o entroido. Época de orellas, filloas, disfraces e diversión!
Este ano, no cole, a temática escollida para o Entroido foi a das Olimpiadas, xa que o 2012 é ano olímpico.
Todos nos disfrazamos de deportistas e cada clase representou un país.
En infantil disfrazámonos de ximnastas rítmicas e levamos pelotas, aros, cintas, cordas e mazas.
Os de cinco anos representamos ós Estados Unidos (país no que vive o noso amigo Xoán).
Deixámosvos unhas fotos para que vexades que guapos estabamos!!!