OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

miércoles, 30 de octubre de 2013

PERSONAXES TERRORÍFICOS

Hoxe, mércores 30 de Outubro, celebramos no cole un acto para inaugurar as VI Xornadas "Pasámolo de medo". Nel recitamos o noso conxuro, vimos a representación dun poema de Francisco Añón "El borracho y el eco", a cargo do alumnado de 6º e visionamos a película Frankenweenie. Para este acto viñemos disfrazados de personaxes terroríficos: zombies, bruxas, esqueletes,... Metiamos moito medo, pero estabamos guapísimos!!

CABAZAS PARA O SAMAÍN

Un ano máis, coincidindo coa celebración do Samaín, no cole celebramos as VI Xornadas "Pasámolo de medo". Unha das actividades destas xornadas,que nos encantan, é a de confeccionar unha cabaza na casa coa axuda da nosa familia. Mirade que chulas!!

UN ESPANTALLO PARA A NOSA HORTA

A partir dun conto popular sobre o espantallo, cofeccionamos un para a nosa horta. Ao igual ca o da historia, o noso espantallo tamén ten unha cabeza de cabaza, ollos de millo, nariz de cenoria, boca de grans de trigo e un corazón de pera. O seu corpo fixemolo con herba seca, e vestimolo con unhas roupas vellas. Aquí vos mostramos unhas fotos da actividade.

viernes, 25 de octubre de 2013

SEMENTANDO NA NOSA HORTA

Esta semana,coincidindo con que a lúa está a minguar, empezamos a sementar na nosa horta cultivos de outono/inverno. Para iso recibimos a vista de toda unha experta: Nolita, a nai da mestra. Ela explicounos todo o proceso e axudounos a sementar ceboliño, leituga, perexil e acelgas. Ademais das sementes tamén nos trouxo esterco. Dixonos que era moi importante alimentar con el a terra para que os cultivos crecesen máis. Velaquí algunhas fotos!

UNHA HORTA NA ESCOLA

Este curso decidimos preparar a horta da escola para plantar diferentes cultivos. Desta maneira aprenderemos moitas cousas sobre as plantas, os seus coidados, o proceso de crecemento... Para iso precisamos da colaboración das familias. O tío de Samu veu co tractor a preparar a terra, e logo viñeron a sachar as mamás de Pablo, Iván, Ainhoa, Samuel e a mamá e a tía de Aarón. Agradecemos moitísimo a súa implicación e colaboración!! Grazas a súa axuda poderemos sementar diferentes productos. Comezaremos con cultivos de outono, tales como o ceboliño, as nabizas, repolo, perexil,...

jueves, 24 de octubre de 2013

RECICLAMOS PAPEL

Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo sobre reciclaxe, unha das actividades máis destacada foi a de elaborar papel reciclado. Recollemos papeis usados polo colexio, rachámolos, mesturámolos con auga, batémolos coa batedora... A masa resultante xuntamola con máis auga e logo empregamos os tamices para coller a pasta e filtrar o líquido. Absorvemos a auga con baetas e deixamos a secar sobre papel de xornal. Así de facil fabricamos o noso propio papel. Aquí podedes ver o proceso.

viernes, 18 de octubre de 2013

REDUCIR REUTILIZAR E RECICLAR NO CEIP RICARDO TOBÍO

Estes días tivemos na nosa aula a Rosa, unha nova mestra que estivo facendo prácticas. Con ela aprendemos moito sobre o coidado do medio ambiente e as "Tres R": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. Velaquí un video que fala sobre a importancia de todo isto e que fixemos coa súa colaboración! Tomade nota do que nel se di!!

CÍRCULOS DO OUTONO

Empregando a técinca do centrifugado realizamos uns círculos moi sorprendentes coas cores do outono. Encantounos descubrir esta técnica tan divertida!! Ademáis, cos círculos fixemos un precioso móbil que que colga no noso pasillo! Gústavos??

SOMBREIROS CONTACONTOS

Durante os primeiros días de escola, os pekes de catro anos descubrimos na biblioteca do cole un tesouro moi especial... un baúl cheíño de libros e un sombreiro contacontos. Cando a mestra nos conta un conto sempre emprega ese sombreiro. É moi especial! A nos gustounos tanto que decidimos crear o noso propio sombreiro contacontos empregando diferentes materiais: plumas, pompóns, purpurina,... Mirade que chulis nos quedaron!!!

OLA DE NOVO!!

Despois de todo un curso sen facer ningunha entrada no blog decidín retomalo para compartir, principalmente coas familias, as expereiencias que estamos a realizar na aula de catro anos do CEIP Ricardo Tobío. Desta maneira poderedes estar máis informados de todo o que fan os vosos pekes no cole. Espero poder actualizalo a miúdo! Saúdos!! Raquel