OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

sábado, 15 de octubre de 2011

AÍNDA QUE NON O PAREZA... ESTAMOS NO OUTONO

É o que di o calendario, o outono xa chegou, aínda que a nos parécenos que seguimos estando no verán, de feito algún dos pekes de esteiro incluso foi á praia estes días. E é que as temperaturas deste outubro son tan altas como as dos meses de xullo ou agosto. Aínda así olleando polo patio atopamos indicios de que é certo, ¡estamos no outono! as árbores comezan a perder as follas, os ourizos caen dos castiñeiros, nacen cogumelos...
Aquí vos deixamos as fotos dunha saída ao patio na que observamos todos estes cambios e recollemos follas de cores, tamaños e formas moi diferentes.






Tras a saída ao patio intentamos describir as sensacións que nos produce esta estación. Os pekes din que o outono é de cor marrón, amarelo ou incluso vermella, ule e sabe a castañas asadas, e soa como o aire que sopra para tirar as follas... E se eles o din... será así, non si?

Para festexar a chegada da estación celbramos unha festa para degustar froitos típicos destas datas: mandarinas, peras, uvas, mazás, castañas, noces, avelás, caquis, chirimoias,... Con algunhas delas fixemos brochetas. Todo estaba moi rico pero o que máis lles gustou aos pekes foron as castañas cocidas.





Unha actividade plástica moi divertida que fixemos relacionada co outono foi confeccionar os nosos propios bonecos de outno personalizados. Mirade que chulis!!



3 comentarios:

  1. ¡¡¡Hola!!! Os bonecos do outono quedáronvos preciosos e moi orixinales.Mmmmmhhhh esas brochetas que ricaaaassss!!! (As fotos da saída ó patio non se ven, como si non deran cargado) Biquiños a todos!!!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Conseguín velas fotos unha vez, ahora xa non me carga, en fín...¡¡qué ben o pasades!! ¿eh? As fotografías do patio están preciosas. Bicos.

    ResponderEliminar