OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

jueves, 23 de diciembre de 2010

DECORANDO BARCOS DE NADAL

Sabiades que o Nadal non se celebra igual en todos os paises? Cada rexión ten as súas tradicións. Por exemplo, os Reis Magos só levan regalos ós nenos que viven en España. Noutros paises os encargados de repartilos son Papá Noel, San Nicolás, Christkind, a Befana, San Basilio...
Decorar a árbore de Nadal é algo que se fai en moitos países, sen embargo en Grecia, en lugar de decorar árbores decoran barcos.
Isto pareceunos moi interesante e divertido, por iso decidimos investigar cousas sobre este país: ónde está, cal é a súa bandeira , como celebraban alí o Nadal, quen reparte os regalos...´
Como nos gustou moito todo isto na aula tamén adornamos os nosos barcos de Nadal e escribímoslle a carta a San Basilio, o encargado de levar os agasallos ós nenos neste país.

CUMPLES PRIMEIRO TRIMESTRE



Este trimestre celebramos o cumple de: Marcos, Aroa, Raquel e Xiara. Moitas felicidades a todos!!!

miércoles, 15 de diciembre de 2010

PARTICIPAMOS NO MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Todos os anos, antes do Nadal, no Concello de Muros celébrase un Mercadiño Solidaro co fin de recaudar fondos con fins benéficos.
O alumnado do CEIP Ricardo Tobío sempre participa activamente nesta iniciativa.
Os pekes de infantil tamén quixemos aportar o noso gran de area e colaboramos elaborando unhas árbores de nadal decorativas moi chuliñas. Mirade!!
O mercadiño será este venres 17, así que todos os que poidades non dubidedes en acercarvos.

QUE PASA SI MESTURAMOS A AUGA CON...?

Na aula tamén realizamos experiencias sobre mesturas. Algunhas substancias cando se mesturan coa auga disolvense nela (semella que desaparecen), outras en cambio non. Flotan sobre ela ou afúndense.
Experimentamos con sal, aceite, virutas de lápis e area

EXPERIENCIAS SOBRE FLOTACIÓN

Hai obxectos que flotan na auga, outros en cambio afúndense. Na clase experimentamos con obxectos de diferentes materiais: vidro, madeira, plástico, plastilina...
Primeiro formulamos as nosas hipóteses a cerca de si flotarían ou non e logo comprobámolo.
Así o xeo, olápis, o globo, e o vaso de vidro flotaban. Pero as bolas de plastilina afundíanse.
Divertimonos moito introducindo diferentes elementos da aula na cubeta para ver se flotaban ou non.

martes, 14 de diciembre de 2010

A COMPOSICIÓN DA AUGA

Os pekes de infantil fixemos varias actividades para descubrir como está formada a auga.
O primeiro foi comprender que todo o que nos rodea está formado por átomos. Para iso desfixemos papeis e plastilina en anaquiños ben pequeniños. Algúns case nin se vían. Poderíanse facer aínda cachiños máis pequeniños pero para velos teriamos q empregar o microscopio. Esas partes tan tan pequeniñas que forman as cousas serían os átomos.
Descubrimos por tanto que todo se podía descompoñer en partes máis pequeniñas pero... que pasaba coa auga? Algún neno dixo q podiamos facer pingas pequerrechiñas e así foi. Sacudindo os pincieis creamos gotas super pequeniñas. E aínda que nós non eramos capaces entendemos que se podían facer moito pero moito máis pequenas, co cal a auga tamén estaba formada por átomos.

Os átomos da auga chamábanse hidróxeno e osíxeno. E sempre iban xuntos dous hidróxenos con un osíxeno.

Por iso coloreamos uns bonecos que representaban estes átomos e logo cada un de nós convertiuse nun osíxeno ou nun hidróxeno, que tiña que buscar ós seus compañeiros para formar a molécula de auga. Tamén elaboramos moléculas de auga con plastilina

Coa profe Elena realizamos diferentes actividades psicomotrices para reforzar estas aprendizaxes sobre a composición da auga. Pódelas ver no blog: http://www.elsitiodemirecreo-elena.blogspot.com/

UN CICLO DA AUGA MOI DIVERTIDO