OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

sábado, 15 de octubre de 2011

AÍNDA QUE NON O PAREZA... ESTAMOS NO OUTONO

É o que di o calendario, o outono xa chegou, aínda que a nos parécenos que seguimos estando no verán, de feito algún dos pekes de esteiro incluso foi á praia estes días. E é que as temperaturas deste outubro son tan altas como as dos meses de xullo ou agosto. Aínda así olleando polo patio atopamos indicios de que é certo, ¡estamos no outono! as árbores comezan a perder as follas, os ourizos caen dos castiñeiros, nacen cogumelos...
Aquí vos deixamos as fotos dunha saída ao patio na que observamos todos estes cambios e recollemos follas de cores, tamaños e formas moi diferentes.






Tras a saída ao patio intentamos describir as sensacións que nos produce esta estación. Os pekes din que o outono é de cor marrón, amarelo ou incluso vermella, ule e sabe a castañas asadas, e soa como o aire que sopra para tirar as follas... E se eles o din... será así, non si?

Para festexar a chegada da estación celbramos unha festa para degustar froitos típicos destas datas: mandarinas, peras, uvas, mazás, castañas, noces, avelás, caquis, chirimoias,... Con algunhas delas fixemos brochetas. Todo estaba moi rico pero o que máis lles gustou aos pekes foron as castañas cocidas.





Unha actividade plástica moi divertida que fixemos relacionada co outono foi confeccionar os nosos propios bonecos de outno personalizados. Mirade que chulis!!



lunes, 10 de octubre de 2011

UN SUPERMERCADO NA AULA!




Por fin chegou o día!! Tras varias semanas de preparación, hoxe inauguramos na clase o noso supermercado. O "Supermercado Tamara". O nome decidímolo entre todos por votación.


Para poñelo a funcionar tivemos que traer da casa botes e caixas de productos que se poden mercar nun supermercado. Explicamos que eran, para que se usan, e logo clasificámolos. Descubrimos que no super pódense mercar productos para a alimentación, bebida, hixiene, limpeza...

Tamén traballamos cos catálogos para coñecer os prezos dos diferentes productos. Ademáis coñecemos algunhas moedas e billtes, xa que os temos que empregar para mercar.

Con nome decidido, cos productos nas estanterías (todos eles etiquetados con prezo) con caixa rexistradora e cestas xa o noso super estaba listo para abrir. Agora será un recanto máis da aula e nel aprenderemos moitas cousiñas relacionadas coas matemáticas: contaremos, sumaremos, restaremos, compararemos, estimaremos, pesaremos... e todo dunha maneira moi divertida!













UN NOVO CURSO

Un curso máis aquí estamos os pekes de Esteiro. Xa temos 5 anos (case todos) e somos os maiores de Infantil!!
Desta vez temos un compi menos, Xoán, que se foi a vivir a Nova York. Botámolo moito de menos, aínda que mantemos o contacto con el a través de Internet.
Na aula xa estamos a facer moitas cousiñas coas nosas mestras para seguir aprendendo un montón. Pouco a pouco elas irán subindo fotos e contando o que facemos aquí para que as familias estedes ben informadas. Polo momento comentámosvos que estamos levando a cabo un proxecto sobre o Supermercado, incluso creamos un na aula!. Desta maneira traballaremos as matemáticas dunha forma moi divertida!

Unha aperta a tod@s e esperamos que este curso visitedes moito o noso blog!