OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

jueves, 23 de diciembre de 2010

DECORANDO BARCOS DE NADAL

Sabiades que o Nadal non se celebra igual en todos os paises? Cada rexión ten as súas tradicións. Por exemplo, os Reis Magos só levan regalos ós nenos que viven en España. Noutros paises os encargados de repartilos son Papá Noel, San Nicolás, Christkind, a Befana, San Basilio...
Decorar a árbore de Nadal é algo que se fai en moitos países, sen embargo en Grecia, en lugar de decorar árbores decoran barcos.
Isto pareceunos moi interesante e divertido, por iso decidimos investigar cousas sobre este país: ónde está, cal é a súa bandeira , como celebraban alí o Nadal, quen reparte os regalos...´
Como nos gustou moito todo isto na aula tamén adornamos os nosos barcos de Nadal e escribímoslle a carta a San Basilio, o encargado de levar os agasallos ós nenos neste país.

CUMPLES PRIMEIRO TRIMESTRE



Este trimestre celebramos o cumple de: Marcos, Aroa, Raquel e Xiara. Moitas felicidades a todos!!!

miércoles, 15 de diciembre de 2010

PARTICIPAMOS NO MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Todos os anos, antes do Nadal, no Concello de Muros celébrase un Mercadiño Solidaro co fin de recaudar fondos con fins benéficos.
O alumnado do CEIP Ricardo Tobío sempre participa activamente nesta iniciativa.
Os pekes de infantil tamén quixemos aportar o noso gran de area e colaboramos elaborando unhas árbores de nadal decorativas moi chuliñas. Mirade!!
O mercadiño será este venres 17, así que todos os que poidades non dubidedes en acercarvos.

QUE PASA SI MESTURAMOS A AUGA CON...?

Na aula tamén realizamos experiencias sobre mesturas. Algunhas substancias cando se mesturan coa auga disolvense nela (semella que desaparecen), outras en cambio non. Flotan sobre ela ou afúndense.
Experimentamos con sal, aceite, virutas de lápis e area

EXPERIENCIAS SOBRE FLOTACIÓN

Hai obxectos que flotan na auga, outros en cambio afúndense. Na clase experimentamos con obxectos de diferentes materiais: vidro, madeira, plástico, plastilina...
Primeiro formulamos as nosas hipóteses a cerca de si flotarían ou non e logo comprobámolo.
Así o xeo, olápis, o globo, e o vaso de vidro flotaban. Pero as bolas de plastilina afundíanse.
Divertimonos moito introducindo diferentes elementos da aula na cubeta para ver se flotaban ou non.

martes, 14 de diciembre de 2010

A COMPOSICIÓN DA AUGA

Os pekes de infantil fixemos varias actividades para descubrir como está formada a auga.
O primeiro foi comprender que todo o que nos rodea está formado por átomos. Para iso desfixemos papeis e plastilina en anaquiños ben pequeniños. Algúns case nin se vían. Poderíanse facer aínda cachiños máis pequeniños pero para velos teriamos q empregar o microscopio. Esas partes tan tan pequeniñas que forman as cousas serían os átomos.
Descubrimos por tanto que todo se podía descompoñer en partes máis pequeniñas pero... que pasaba coa auga? Algún neno dixo q podiamos facer pingas pequerrechiñas e así foi. Sacudindo os pincieis creamos gotas super pequeniñas. E aínda que nós non eramos capaces entendemos que se podían facer moito pero moito máis pequenas, co cal a auga tamén estaba formada por átomos.

Os átomos da auga chamábanse hidróxeno e osíxeno. E sempre iban xuntos dous hidróxenos con un osíxeno.

Por iso coloreamos uns bonecos que representaban estes átomos e logo cada un de nós convertiuse nun osíxeno ou nun hidróxeno, que tiña que buscar ós seus compañeiros para formar a molécula de auga. Tamén elaboramos moléculas de auga con plastilina

Coa profe Elena realizamos diferentes actividades psicomotrices para reforzar estas aprendizaxes sobre a composición da auga. Pódelas ver no blog: http://www.elsitiodemirecreo-elena.blogspot.com/

UN CICLO DA AUGA MOI DIVERTIDO

sábado, 27 de noviembre de 2010

A AUGA TRANSFÓRMASE

Estes días estivemos a investigar sobre os cambios de estado da auga. Fixemos varios experimentos para comprobar como co frío a auga se convirte en xeo, e coa calor en vapor. Tamén como coa calor o xeo se derrite e o vapor co frío se condensa.

Así, fixemos unhas esculturas xeadas empregando cubiteras, globos, guantes e diferentes recipientes. Introducimos nestes obxectos auga coloreada e tras unhas horas no conxelador tiñamos unhas preciosas esculturas!!
Outra actividade plástica con xeo e papel crepé consistiu en colocar anacos de papel crépé sobre a cartolina e frotalos co xeo. Ó derreterse a auga destintaba o papel e pintaba a cartolina. (Bueno, non só a cartolina... porque as nosas mans quedaron tamén cheas de cores!!)
Para observar a evaporación da auga pintamos no encerado con este líquido e vimos que pasado un período breve de tempo os nosos debuxos desaparecían.
En canto a condensación observamos como as ventanas da aula están cheas de pinguiñas cando chegamos pola mañá e tamén fixemos aparecer auga sobre o espello.
Foi moi importante a colaboración das familias xa que participaron na realización de diferentes experimentos na casa, tales como poñer auga a ferver e observar como se evaporaba e conxelar auga nunha botella marcando o nivel da auga e comparándoo co do xeo para ver como este ocupaba máis volume.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.



sábado, 20 de noviembre de 2010

INAUGURAMOS A BIBLIO DO COLE

Este venres 19 de Novembro inauguramos a biblioteca do cole, que leva por nome "Mestre Agrelo" na honra de Xosé Agrelo Hermo, un gran mestre e escritor a quen todos admiramos.
Tras o acto todos os alumnos gozaron da obra "O rei destronado" escrita por Agrelo e representada pola compañía de títeres "A xanela do maxín" .

POLO SAN MARTIÑO... TROMPOS E CASTAÑAS

O xoves 11 de Novembro celebramos no cole o día do trompo e o Magosto.
Por cursos fixemos bailar o trompo, dásenos moi ben.
Algúns dos maiores incluso o saben bailar na man, ou no cordel...
Os pais, nais, avós e avoas demostrárnonnos que eles tamén saben.
Despois da exhibición bailamos a canción "Coma o trompo" e logo comemos unhas castañas asadas que estaban riquísimas

sábado, 13 de noviembre de 2010

DONDE HAI AUGA? PARA QUE SERVE?

Para dar resposta a estas preguntas traballamos con fotos que aportaron os pekes sobre os lugares nos que podiamos atopar auga e cos seus usos. Tras visualizar as fotos e falar sobre elas creamos un video conxunto para as aulas de 3, 4 e 5. Este foi o resultado.

A calidade do video subido é bastante baixa porque foi preciso reducila para poder colgalo no blog.

A FORMA DA AUGA

Seguimos experimentando coa auga, esta vez tentando descubrir cal era a súa forma. Moitos dos pekes pensaban que a forma da auga era circular, porque as gotas da chuvia son coma círculos ou porque cando está na piscina ten esa forma, aínda que se a piscina era cuadrada... a auga xa non tiña forma de círculo.
Experimentamos vertendo auga en varios recipientes e comprobamos que a auga non ten forma, si non que se adapta a forma do recipiente que a conteña, sexa cadrado, circular, rectangular ou sen forma definida...

DESCUBRINDO OUTRAS PROPIEDADES DA AUGA (SABOR E COR)


Ante esta pregunta : "A que sabe a auga?" as respostas dos pekes de Esteiro foron: A auga sabe ben, sabe rica, sabe a boa, non sabe a nada, a da praia sabe mal, sabe a sal...
Para poñernos dacordo sobre o seu sabor experimentamos engadindo diferentes substancias á auga: limón, azucre, e sal. Tiñamos que adiviñar que vaso tiña cada unha destas substancias e cal tiña auga soa. Tras a experiencia todos estivemos dacordo en que a auga non era doce, nin salgada (excepto a do mar) nin amarga... a auga non tiña sabor.

Para confirmar que a auga tampouco tiña olor comparamos auga e alcohol. Presentáronse dous vasos que a simple vista parecían conter auga, pero cando os ulíamos decatábamos de un deles ulía a "medicina". O que non ulía a nada todos estabamos dacordo de que contiña auga.
Explicouselles que aquilo que ulía a "medicina" era alcohol, algo que se empregaba para desinfectar as feridas entre outras cousas. Tamén comparamos o cheiro dun vaso valeiro con outro que contiña auga e confirmamos que tiñan o mesmo olor, co cal era realmente certo que a auga non ulía a nada.

A CHUVIA NON TEN COR, É TRANSPARENTE

Coa auga que recollemos da chuvia fixemos un experimento para comprobar a súa cor.
Vertemos auga en diferentes vasos e neles fomos engadindo unhas gotas de pintura das cores que os nenos dicían que tiña a auga: azul, gris, branca... Deixamos un vaso sen engadir pintura e vimos que a auga non era de ningunha desas cores...
-É invisible, dicía Sofía
-Non ten cor, dixo por fin Aroa
Todos estivemos dacordo con ela. A auga non era nin azul, nin branca, nin gris. Non tiña cor, e ademais descubrimos que era transparente, porque se podía ver a través dela. Logo buscamos pola clase outras cousas que non tivesen cor e fosen transparentes como a auga.

A COR DA CHUVIA



Desde fai unhas semanas os pekes de Esteiro andamos a investigar sobre a auga. Todo xurdiu porque na portada dun libro titulado "Cantas pingas na cidade", aparecían varias gotas de auga de cor rosada.
-Profe, a chuvia non é rosa, comentou Aroa
-Entón de que cor é?, preguntei eu
Houbo varias respostas, azul, gris, branca... Non nos poñiamos dacordo así que aproveitando que estaba a chover un pouquiño saímos ó patio a recoller auga da chuvia e así ver cal era a súa cor

lunes, 1 de noviembre de 2010

PASÁMOLO DE MEDO (PERSONAXES TERRORÍFICOS)

O 28 de Novembro, coincidindo coa clausura das Xornadas "Pasámolo de Medo", os pekes disfrazámonos de personaxes terroríficos: había bruxas,meigos, vampiros, monstros, zombies... Metía medo o guapos que estábamos!!!

PASÁMOLO DE MEDO (COCIÑA TERRORÍFICA)

Coincidindo coa semana do Samaín os pekes de infantil fixemos un taller de cociña terrorífico.

Con pauciños de pan e xamón e queixo fixemos unhas escobas de bruxa riquísimas.
Empregando biscoito, leite, nocilla, coco raiado e lacasitos creamos unha tarta pantasma!!
Tamén fixemos dedos esmagados con pan de molde, crema de cacahuete e cacahuetes
E con xelatina de fresa a sangue do vampiro!! Deliciosa!!!
Deixamos as fotos para que vexades canto disfrutamos con este taller