OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

miércoles, 26 de marzo de 2014

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE

Para festexar os aniversarios de Ainhoa, Aarón e Samuel, que cumpliron 5 anos neste segundo trimestre, realizamos un taller de cociña moi primaveral.
Elaboramos unha tarta con forma de flor, empregando biscoito, iogur grego e froitas, e tamén preparamos unhas tostas con xoaniñas usando tomate e aceitunas negras.
Deixamosvos as fotos da actividade

martes, 11 de marzo de 2014

CANCIÓN DOS DINOSAUROS

)

Aquí deixo o enlace á canción dos dinosauros que tanto lles gusta aos pekes. A petición deles!! Para que a poidades escoitar cando queirades

martes, 4 de marzo de 2014

ENTROIDO PREHISTÓRICO

Desta vez, a celebración do entroido estivo moi relacionada coa Prehistoria, xa que no centro se está a levar a cabo un proxecto común sobre este tema.
Comezamos cos mandadiños do noso meco, Miguiña

O LUNS:  SE NA PREHISTORIA ESTÁS, UN ÓSO TRAERÁS



O MARTES: NA IDADE DOS METAIS, UN COLAR E NADA MÁIS



O MÉRCORES: NA COVA DE CROMAÑÓN, PINTAMOS A CARA CON CARBÓN.



O XOVES: SE UN ARTISTA DA PREHISTORIA ES,  ARTE RUPESTRE NA PEL OU NA ROUPA TES.



O venres, disfrazámonos de artistas rupestres da prehistoria. Nós mesmos fixemos os nosos traxes con sacos de patacas, e tamén convertimos o noso pasillo nunha cova chea de pinturas



Xa cos disfraces listos, tocaba disfrutar da festa, desfilando no patio para que todos visen que guapos estabamos, e logo comendo postres do entroido riquísimos!!!


miércoles, 19 de febrero de 2014

PATACAS E CHÍCHAROS

Os allos xa comezaron a nacer!! Xa temos cebolo, nabizas, repolos, perexil e allos na nosa horta.
Agora tocou plantar patacas e chícharos. 
Para poder plantar patacas, estas teñen que ter un gomo, que  é de cor rosa. Cortamos un cachiño da pataca con este gomo para logo colocalo no rego e despois tapalo.



                         








CANCIÓN DOS PLANETAS

Cando descubrimos cómo se formou o universo, chamounos moito a atención o sistema solar e os planetas que o forman. Para coñecelos mellor e aprender o seu nome, escoitamos a canción de Enrique y Ana. Resulta que nos encantou! Por iso a colgo aquí para que na casa a poidades escoitar cando queirades!

viernes, 7 de febrero de 2014

PLANTAMOS ALLOS

Estamos a ter un inverno moi chuvioso que nos está poñendo un pouco difícil o traballo na nosa horta, de todas formas, intentamos atopar momentos para realizar labores de mantemento e plantar novos productos.
Desta vez plantamos allos.
Primeiro tocámolos, ulímolos, vimos a diferencia entre un dente de allo e unha cabeza, xogamos a adiviñar cántos dentes tiña cada unha delas, falamos do seu uso,...
 Aquí vos deixamos unhas fotos









O SISTEMA SOLAR

No Big Bang, non só se formou o nos planeta, senón que se formou todo o universo: o sol, a lúa, outros planetas, estrelas, galaxias,...

Queriamos saber cómo eran outros os  planetas, e con este xoguete que nos prestou a profe Mari Loli, descubrimos algunha cousiña sobre o sistema solar: o conxunto de planetas que xiran ao redor do sol. Aprendemos que nos que están moi preto do sol non poderiamos vivir porque nos queimariamos, e nos que están moi lonxe nos conxelariamos. Vimos que algúns planetas, como Saturno, teñen aneis, que os outros planetas tamén teñen lúas, e máis de unha!!
Gustounos moito!!


martes, 21 de enero de 2014

COÑECENDO COMO SE FORMOU O NOSO PLANETA

Unha das preguntas que xurdiu na aula en relación ao proxecto dos dinosaurios foi a de cómo se formou o noso planeta.

A maioría dos científicos indican que a Terra, así como o sol, a lúa, o resto dos planetas,... se formaron a partir dunha explosión chamada "BIG BANG".

Para comprendelo vimos un video titulado "Nace la Tierra"

Ademáis fixemos un pequeno experimento para comprender como fora esa explosión: Introducimos en un globo boliñas de plastilina brancas, azuis, verdes e amarelas. Logo estoupamos o globo e fomos xuntando as boliñas da mesma cor: as brancas para a lúa, as amarelas para o Sol e as azuis e verdes para o planeta Terra. Toda esta teoría sobre o Big Bang é bastante complexa, pero desta maneira entendémola un pouquiño mellor. Tras o experimento, representamos gráficamente a explosión empregando pintura de 3D e purpurinas.



      


INICIANDO UN NOVO PROXECTO. OS DINOSAUROS

Tras a excursión a Vigo, para visitar a exposición "Days of the dinosaur", decidimos que queriamos investigar máis sobre estes animais. Comezamos, por tanto, un novo proxecto. Recollemos as idas previas sobre o tema e formulamos preguntas sobre o que queremos saber:  como son os dinosauros por dentro, como era o noso planeta cando vivían os dinosauros, como se formou o noso planeta, que animais vivían cando vivían os dinosauros, como son os meteoritos, ....
Da casa trouxemos libros, películas, para comezar a investigar. Creamos un pequeno recuncho na aula para situar este material.











miércoles, 15 de enero de 2014

FOTO EN GRUPO DA EXCURSIÓN A VIGO

Nas fotos que se subiron da excursión,falta unha moi especial. Esta foto quitámola todos xuntos ao rematar o percorrido pola exposición. Foi un pequeno agasallo que no fixeron. Está colocada nunha plantilla que fai que semelle que saímos no xornal. Agardamos que vos guste!!


lunes, 13 de enero de 2014

DAYS OF THE DINOSAUR

O luns 13 de Xaneiro, realizamos unha excursión a Vigo, ao IFEVI, para visitar a exposición "Days of the dinosaur". Nela puidemos ver cómo eran os dinosaurios, cómo vivían, de que se alimentaban, as diferencias entre uns e outros,... Foi fascinante!! Ademais vimos unha peli en 3D con unhas gafas moi chulis. Pasamolo moi ben!! Este é un tema que nos encanta e sobre o que queremos investigar moito máis!! Polo momento deixámosvos unhas fotos da excursión