OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

martes, 19 de noviembre de 2013

UNHA MESA DE LUZ NA AULA


Durante o curso 2010/20011 tiven a oportunidade de visitar as escolas de Reggio Emilia, en Italia. Todo un referente para calquera mestra de Educación Infantil. Nestas escolas, o coidado dos ambientes e a educación artísitica é fundamental. A experiencia foi fantástica. Aprendín moitísimo e replanteeime moitas das actuacións que levamos a cabo diariamente na aula. A realidade de Reggio é moi distinta a nosa, e lóxicamente hai moitísimas cousas que non se poden trasladar ao noso contexto, pero tamén hai pequenas cousiñas que podemos ir cambiando. Unha das ideas que trouxen da viaxe foi a de contar con unha mesa de luz na aula. Alí, en case todas as clases teñen unha e o alumnado fai unhas composicións fantásticas experimentando con diferentes materiais. Este curso, grazas a Alfonso, (o meu primo, que é un manitas) temos unha mesa de luz na aula. Hoxe estrenámola debuxando con area! Foi fantástico


 

lunes, 18 de noviembre de 2013

EXCURSIÓN A CARNOTA

Na aula, os pekes de Esteiro, estamos realizando un proxecto sobre o millo. A semana pasada, como parte do mesmo, fixemos unha saída a Carnota para visitar o hórreo e un muíño de río. Descubrimos que, a pesar que o hórreo de Carnota é longuísimo, non é o máis grande do mundo. O máis longo está en Araño, Rianxo, pero non ten pés. O segundo máis longo está en Lira, pero atópase en peor estado de conservación. O hórreo de Carnota é, por tanto, o terceiro hórreo máis grande de Galicia e do mundo. Contamos as súas patas. Ten 44. O muíño que fomos visitar está no lugar de Canedo. Atópase restaurado e alí van a moer os veciños o millo para darlle aos animais e facer empanadas e pan de millo. Vimos como a auga do rio chegaba ata el e movía o rodicio que pon o muíño a funcionar. Levamos un saquiño de millo para moer e trouxemos fariña para facer broa. Velaquí as fotos da excursión!

ESPIGAS DE MILLO

Estes pekes teñen unhas familias fantásticas! Moi colaboradoras, participativas e creativas!! Ollade que bonecos de millo tan orixinais fixeron a partir do proxecto que estamos a levar a cabo na aula! Moooitas grazas!!!!!

COCIÑA TERRORÍFICA

Un ano máis, coincidindo coas Xornadas "Pasámolo de medo" realizamos un taller de cociña terrorífico. Desta vez o menú constou de sopa de vermes, momias, pantasmas e cabazas. Velaquí as fotos da elaboración dos pratos e da súa degustación!