OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

viernes, 11 de noviembre de 2011

CELEBRANDO O MAGOSTO E O DÍA DO TROMPO

Di o refrán: "Polo San Martiño, trompos ao camiño" E así o fixemos no Ceip Ricardo Tobío. O día 11 de Novembro celebramos o día do trompo, pero tamén o MAgosto. Despois do recreo saímos todos ao patio cuberto. Por ciclos fomos ao medio da pista para tirar os nosos trompos. Algúns familiares tamén se animaron a facelos bailar. Logo cantamos e bailamos a canción "Coma o trompo". Tras isto, o alumnado do centro que vai a clases de baile galego fíxonos unha demostración do ben que baila. Por último comemos castañas asadas que estaban riquísimas!












Coincidindo con esta celebración do día do trompo, no corredor do cole fixemos unha exposición con trompos de diferentes formas, tamaños, cores... Os nenos e nenas de infantil colaboramos elaborando unhas caramiñolas de papel coa profe Elena e uns trompos de serpentina con Raquel. Deunos bastante traballo facelos pero quedaron moi chulos e bailan moi ben.



EXPOSICIÓN


BESBELLOS DE CARTÓN (4 ANOS) PIRINOLAS DE PASTA (3 ANOS)


CARAMIÑOLAS DE PAPEL E TROMPOS DE SERPENTINA (5ANOS)

OLLADE QUE BEN BAILAN OS TROMPOS QUE FIXEMOS!!


1 comentario:

  1. As caramiñolas e os trompos de serpentina quedáronvos preciosos. E na festa do San Martiño pasámolo moi ben con vós. A ver si para o ano xa vos baila o trompo a todos e se anima algunha e algún profe, jajaja... Biquiños a todos.

    ResponderEliminar