OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

jueves, 15 de marzo de 2012

AS MANS EN ALTO

Velaquí o Lipdub que realizamos no colexio co motivo do día da Paz, e da próxima celebración dos xogos olímpicos en Londres. Esperamos que vos guste

viernes, 17 de febrero de 2012

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!

Xa chegou o entroido. Época de orellas, filloas, disfraces e diversión!
Este ano, no cole, a temática escollida para o Entroido foi a das Olimpiadas, xa que o 2012 é ano olímpico.
Todos nos disfrazamos de deportistas e cada clase representou un país.
En infantil disfrazámonos de ximnastas rítmicas e levamos pelotas, aros, cintas, cordas e mazas.
Os de cinco anos representamos ós Estados Unidos (país no que vive o noso amigo Xoán).
Deixámosvos unhas fotos para que vexades que guapos estabamos!!!



miércoles, 21 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS A TODOS!!

OS PEKES DE ESTEIRO QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANO NOVO A TODOS!!






ATA O LUNS 9 DE XANEIRO ESTAREMOS DE VACACIÓNS!

CARTA AOS REIS MAGOS

Os pekes de Esteiro xa lle escribimos as nosas cartas aos Reis Magos.
Só lles pedimos dúas cousiñas, porque sabemos que teñen que levar agasallos para todos os nenos de España. Unha desas cousiñas foi un libro, xa que ese é un dos mellores regalos que podemos recibir estas festas!


martes, 20 de diciembre de 2011

MERCADIÑO SOLIDARIO

Coma tódolos anos, o alumnado do CEIP Ricardo Tobío participou no mercadiño solidario de Nadal para recaudar fondos para Bolivia.
Sen embargo, este ano, ademáis de que unha representación do alumnado fose vender á Muros, tamén no cole todos vendemos obxectos elaborados por nos mesmos: coleteiros, pulseiras, colares, marcapáxinas, móbiles, cadros...
Os de pekes da nosa aula colaboramos elaborando uns coleteiros e unhas pulseiras. Tamén estivemos vendendo e recaudamos moitos cartos!!
Moitas grazas ás familias por vir a mercar e colaborar con unha causa tan solidaria coma esta!



CUMPREANOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Neste primeiro trimestre estiveron de cumple Marcos, Aroa, Raquel e Xiara, que xa teñen cinco anos. Para celebralo realizamos un taller de cociña no que preparamos unha torta moi divertida e uns roliños de xamón e queixo. Aquí van as fotos!




martes, 6 de diciembre de 2011

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

A semana pasada inciamos nos recreos as sesións de contacontos na biblioteca. Os pekes de infantil e do primeiro ciclo de primaria disfrutamos da historia de "Pequeno azul e pequeno amarelo" contada polas mestras Raquel e Elena. Podedes ver as fotos no blog da biblioteca.
http://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/

miércoles, 30 de noviembre de 2011

XOGUETES ESQUECIDOS

fai un par de semanas estivemos no IES As Insuas, de Muros, visitando unha exposición de xoguetes tradicionales elaborados polo alumnado do centro. Alí puidemos ver e enredar con xoguetes coma os que tiñan os nosos pais, nais, avós e avoas cando eran pequenos: buxainas, andacamiños, viraventos,... case todos elaborados con elementos naturais: paus, madeira, fíos, papel, tea... Despois de ver a exposición invitáronnos a unha merendola con bocatas, zumes, patacas frixidas, ... Gustáronnos moito os xoguetes e estaba todo moi rico! Deixamos unhas fotos da visita.



viernes, 11 de noviembre de 2011

CELEBRANDO O MAGOSTO E O DÍA DO TROMPO

Di o refrán: "Polo San Martiño, trompos ao camiño" E así o fixemos no Ceip Ricardo Tobío. O día 11 de Novembro celebramos o día do trompo, pero tamén o MAgosto. Despois do recreo saímos todos ao patio cuberto. Por ciclos fomos ao medio da pista para tirar os nosos trompos. Algúns familiares tamén se animaron a facelos bailar. Logo cantamos e bailamos a canción "Coma o trompo". Tras isto, o alumnado do centro que vai a clases de baile galego fíxonos unha demostración do ben que baila. Por último comemos castañas asadas que estaban riquísimas!












Coincidindo con esta celebración do día do trompo, no corredor do cole fixemos unha exposición con trompos de diferentes formas, tamaños, cores... Os nenos e nenas de infantil colaboramos elaborando unhas caramiñolas de papel coa profe Elena e uns trompos de serpentina con Raquel. Deunos bastante traballo facelos pero quedaron moi chulos e bailan moi ben.



EXPOSICIÓN


BESBELLOS DE CARTÓN (4 ANOS) PIRINOLAS DE PASTA (3 ANOS)


CARAMIÑOLAS DE PAPEL E TROMPOS DE SERPENTINA (5ANOS)

OLLADE QUE BEN BAILAN OS TROMPOS QUE FIXEMOS!!


miércoles, 2 de noviembre de 2011

PASÁMOLO DE MEDO!!

Durante a semana do 24 ao 28 de Outubro celebramos no cole as IV Xornadas "Pasámolo de Medo", coincidindo coa celebración do Samaín.
O longo desa semana na clase realizamos moitas actividades relacionadas coa emoción do medo. Lemos contos, cantamos cancións, falamos daquelas cousas que nos producen ese sentimento... Pero ademáis asistimos a unha obra de monicreques titulada "Chincha Rabincha", realizamos un taller de cociña terrorífica, disfrazámonos de persoaxes monstruosos, coa axuda das familias elaboramos unhas cabazas chulísimas... Por aquí deixamos algunha foto de todas esas actividades.

UNHAS CABAZAS MOI TERRORÍFICAS, AÍNDA QUE ALGUNHA... ERA UN POUQUIÑO PRESUMIDA




UN TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICO: CON TORTA DE CABAZA, BRUXAS, MONSTROS, TUMBAS E SANGUE DE MORCEGO!!




DISFRAZADOS DE BRUXAS, ESQUELETES, VAMPIROS, MORCEGOS...AÍNDA ASÍ, SEGUIMOS ESTANDO GUAPÍSIMOS!




No blog da biblioteca do cole podedes ver tamén fotos de máis actividades: lectura de lendas e contos no recreo, representacións teatrais, inauguración e clausura das xornadas... Aquí tedes o enlace:
http://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/