Por fin chegou o día!! Tras varias semanas de preparación, hoxe inauguramos na clase o noso supermercado. O "Supermercado Tamara". O nome decidímolo entre todos por votación.
Para poñelo a funcionar tivemos que traer da casa botes e caixas de productos que se poden mercar nun supermercado. Explicamos que eran, para que se usan, e logo clasificámolos. Descubrimos que no super pódense mercar productos para a alimentación, bebida, hixiene, limpeza...
Tamén traballamos cos catálogos para coñecer os prezos dos diferentes productos. Ademáis coñecemos algunhas moedas e billtes, xa que os temos que empregar para mercar.
Con nome decidido, cos productos nas estanterías (todos eles etiquetados con prezo) con caixa rexistradora e cestas xa o noso super estaba listo para abrir. Agora será un recanto máis da aula e nel aprenderemos moitas cousiñas relacionadas coas matemáticas: contaremos, sumaremos, restaremos, compararemos, estimaremos, pesaremos... e todo dunha maneira moi divertida!
Segurísimo que lles ancanta a idea do Super. ¡¡Biquiños a todos!!
ResponderEliminarSii, polo momento é o recanto preferido da clase!
ResponderEliminar