OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

sábado, 27 de noviembre de 2010

A AUGA TRANSFÓRMASE

Estes días estivemos a investigar sobre os cambios de estado da auga. Fixemos varios experimentos para comprobar como co frío a auga se convirte en xeo, e coa calor en vapor. Tamén como coa calor o xeo se derrite e o vapor co frío se condensa.

Así, fixemos unhas esculturas xeadas empregando cubiteras, globos, guantes e diferentes recipientes. Introducimos nestes obxectos auga coloreada e tras unhas horas no conxelador tiñamos unhas preciosas esculturas!!
Outra actividade plástica con xeo e papel crepé consistiu en colocar anacos de papel crépé sobre a cartolina e frotalos co xeo. Ó derreterse a auga destintaba o papel e pintaba a cartolina. (Bueno, non só a cartolina... porque as nosas mans quedaron tamén cheas de cores!!)
Para observar a evaporación da auga pintamos no encerado con este líquido e vimos que pasado un período breve de tempo os nosos debuxos desaparecían.
En canto a condensación observamos como as ventanas da aula están cheas de pinguiñas cando chegamos pola mañá e tamén fixemos aparecer auga sobre o espello.
Foi moi importante a colaboración das familias xa que participaron na realización de diferentes experimentos na casa, tales como poñer auga a ferver e observar como se evaporaba e conxelar auga nunha botella marcando o nivel da auga e comparándoo co do xeo para ver como este ocupaba máis volume.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario