OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

martes, 14 de diciembre de 2010

A COMPOSICIÓN DA AUGA

Os pekes de infantil fixemos varias actividades para descubrir como está formada a auga.
O primeiro foi comprender que todo o que nos rodea está formado por átomos. Para iso desfixemos papeis e plastilina en anaquiños ben pequeniños. Algúns case nin se vían. Poderíanse facer aínda cachiños máis pequeniños pero para velos teriamos q empregar o microscopio. Esas partes tan tan pequeniñas que forman as cousas serían os átomos.
Descubrimos por tanto que todo se podía descompoñer en partes máis pequeniñas pero... que pasaba coa auga? Algún neno dixo q podiamos facer pingas pequerrechiñas e así foi. Sacudindo os pincieis creamos gotas super pequeniñas. E aínda que nós non eramos capaces entendemos que se podían facer moito pero moito máis pequenas, co cal a auga tamén estaba formada por átomos.

Os átomos da auga chamábanse hidróxeno e osíxeno. E sempre iban xuntos dous hidróxenos con un osíxeno.

Por iso coloreamos uns bonecos que representaban estes átomos e logo cada un de nós convertiuse nun osíxeno ou nun hidróxeno, que tiña que buscar ós seus compañeiros para formar a molécula de auga. Tamén elaboramos moléculas de auga con plastilina

Coa profe Elena realizamos diferentes actividades psicomotrices para reforzar estas aprendizaxes sobre a composición da auga. Pódelas ver no blog: http://www.elsitiodemirecreo-elena.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario