OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

sábado, 13 de noviembre de 2010

DESCUBRINDO OUTRAS PROPIEDADES DA AUGA (SABOR E COR)


Ante esta pregunta : "A que sabe a auga?" as respostas dos pekes de Esteiro foron: A auga sabe ben, sabe rica, sabe a boa, non sabe a nada, a da praia sabe mal, sabe a sal...
Para poñernos dacordo sobre o seu sabor experimentamos engadindo diferentes substancias á auga: limón, azucre, e sal. Tiñamos que adiviñar que vaso tiña cada unha destas substancias e cal tiña auga soa. Tras a experiencia todos estivemos dacordo en que a auga non era doce, nin salgada (excepto a do mar) nin amarga... a auga non tiña sabor.

Para confirmar que a auga tampouco tiña olor comparamos auga e alcohol. Presentáronse dous vasos que a simple vista parecían conter auga, pero cando os ulíamos decatábamos de un deles ulía a "medicina". O que non ulía a nada todos estabamos dacordo de que contiña auga.
Explicouselles que aquilo que ulía a "medicina" era alcohol, algo que se empregaba para desinfectar as feridas entre outras cousas. Tamén comparamos o cheiro dun vaso valeiro con outro que contiña auga e confirmamos que tiñan o mesmo olor, co cal era realmente certo que a auga non ulía a nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario