Para festexar os aniversarios de Ainhoa, Aarón e Samuel, que cumpliron 5 anos neste segundo trimestre, realizamos un taller de cociña moi primaveral.
Elaboramos unha tarta con forma de flor, empregando biscoito, iogur grego e froitas, e tamén preparamos unhas tostas con xoaniñas usando tomate e aceitunas negras.
Deixamosvos as fotos da actividade
UN BLOG CREADO PARA COMPARTIR AS EXPERIENCIAS EDUCATIVAS LEVADAS A CABO NA AULA DE INFANTIL 4 ANOS DO CEIP RICARDO TOBÍO
miércoles, 26 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
CANCIÓN DOS DINOSAUROS
)
Aquí deixo o enlace á canción dos dinosauros que tanto lles gusta aos pekes. A petición deles!! Para que a poidades escoitar cando queirades
Aquí deixo o enlace á canción dos dinosauros que tanto lles gusta aos pekes. A petición deles!! Para que a poidades escoitar cando queirades
martes, 4 de marzo de 2014
ENTROIDO PREHISTÓRICO
Desta vez, a celebración do entroido estivo moi relacionada coa Prehistoria, xa que no centro se está a levar a cabo un proxecto común sobre este tema.
Comezamos cos mandadiños do noso meco, Miguiña
O LUNS: SE NA PREHISTORIA ESTÁS, UN ÓSO TRAERÁS
O MARTES: NA IDADE DOS METAIS, UN COLAR E NADA MÁIS
O MÉRCORES: NA COVA DE CROMAÑÓN, PINTAMOS A CARA CON CARBÓN.
O XOVES: SE UN ARTISTA DA PREHISTORIA ES, ARTE RUPESTRE NA PEL OU NA ROUPA TES.
O venres, disfrazámonos de artistas rupestres da prehistoria. Nós mesmos fixemos os nosos traxes con sacos de patacas, e tamén convertimos o noso pasillo nunha cova chea de pinturas
Xa cos disfraces listos, tocaba disfrutar da festa, desfilando no patio para que todos visen que guapos estabamos, e logo comendo postres do entroido riquísimos!!!

miércoles, 19 de febrero de 2014
PATACAS E CHÍCHAROS
Os allos xa comezaron a nacer!! Xa temos cebolo, nabizas, repolos, perexil e allos na nosa horta.

Agora tocou plantar patacas e chícharos.
Para poder plantar patacas, estas teñen que ter un gomo, que é de cor rosa. Cortamos un cachiño da pataca con este gomo para logo colocalo no rego e despois tapalo.

CANCIÓN DOS PLANETAS
Cando descubrimos cómo se formou o universo, chamounos moito a atención o sistema solar e os planetas que o forman. Para coñecelos mellor e aprender o seu nome, escoitamos a canción de Enrique y Ana. Resulta que nos encantou! Por iso a colgo aquí para que na casa a poidades escoitar cando queirades!
viernes, 7 de febrero de 2014
PLANTAMOS ALLOS
Estamos a ter un inverno moi chuvioso que nos está poñendo un pouco difícil o traballo na nosa horta, de todas formas, intentamos atopar momentos para realizar labores de mantemento e plantar novos productos.
Desta vez plantamos allos.
Primeiro tocámolos, ulímolos, vimos a diferencia entre un dente de allo e unha cabeza, xogamos a adiviñar cántos dentes tiña cada unha delas, falamos do seu uso,...
Aquí vos deixamos unhas fotos

O SISTEMA SOLAR
No Big Bang, non só se formou o nos planeta, senón que se formou todo o universo: o sol, a lúa, outros planetas, estrelas, galaxias,...
Queriamos saber cómo eran outros os planetas, e con este xoguete que nos prestou a profe Mari Loli, descubrimos algunha cousiña sobre o sistema solar: o conxunto de planetas que xiran ao redor do sol. Aprendemos que nos que están moi preto do sol non poderiamos vivir porque nos queimariamos, e nos que están moi lonxe nos conxelariamos. Vimos que algúns planetas, como Saturno, teñen aneis, que os outros planetas tamén teñen lúas, e máis de unha!!
Gustounos moito!!

martes, 21 de enero de 2014
COÑECENDO COMO SE FORMOU O NOSO PLANETA
Unha das preguntas que xurdiu na aula en relación ao proxecto dos dinosaurios foi a de cómo se formou o noso planeta.

A maioría dos científicos indican que a Terra, así como o sol, a lúa, o resto dos planetas,... se formaron a partir dunha explosión chamada "BIG BANG".
Para comprendelo vimos un video titulado "Nace la Tierra"
Ademáis fixemos un pequeno experimento para comprender como fora esa explosión: Introducimos en un globo boliñas de plastilina brancas, azuis, verdes e amarelas. Logo estoupamos o globo e fomos xuntando as boliñas da mesma cor: as brancas para a lúa, as amarelas para o Sol e as azuis e verdes para o planeta Terra.
Toda esta teoría sobre o Big Bang é bastante complexa, pero desta maneira entendémola un pouquiño mellor. Tras o experimento, representamos gráficamente a explosión empregando pintura de 3D e purpurinas.

INICIANDO UN NOVO PROXECTO. OS DINOSAUROS
Tras a excursión a Vigo, para visitar a exposición "Days of the dinosaur", decidimos que queriamos investigar máis sobre estes animais. Comezamos, por tanto, un novo proxecto. Recollemos as idas previas sobre o tema e formulamos preguntas sobre o que queremos saber: como son os dinosauros por dentro, como era o noso planeta cando vivían os dinosauros, como se formou o noso planeta, que animais vivían cando vivían os dinosauros, como son os meteoritos, ....
Da casa trouxemos libros, películas, para comezar a investigar. Creamos un pequeno recuncho na aula para situar este material.

Da casa trouxemos libros, películas, para comezar a investigar. Creamos un pequeno recuncho na aula para situar este material.

miércoles, 15 de enero de 2014
FOTO EN GRUPO DA EXCURSIÓN A VIGO
Nas fotos que se subiron da excursión,falta unha moi especial. Esta foto quitámola todos xuntos ao rematar o percorrido pola exposición. Foi un pequeno agasallo que no fixeron. Está colocada nunha plantilla que fai que semelle que saímos no xornal. Agardamos que vos guste!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)