A maioría dos científicos indican que a Terra, así como o sol, a lúa, o resto dos planetas,... se formaron a partir dunha explosión chamada "BIG BANG".
Para comprendelo vimos un video titulado "Nace la Tierra"
Ademáis fixemos un pequeno experimento para comprender como fora esa explosión: Introducimos en un globo boliñas de plastilina brancas, azuis, verdes e amarelas. Logo estoupamos o globo e fomos xuntando as boliñas da mesma cor: as brancas para a lúa, as amarelas para o Sol e as azuis e verdes para o planeta Terra.
Toda esta teoría sobre o Big Bang é bastante complexa, pero desta maneira entendémola un pouquiño mellor. Tras o experimento, representamos gráficamente a explosión empregando pintura de 3D e purpurinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario