Tras a excursión a Vigo, para visitar a exposición "Days of the dinosaur", decidimos que queriamos investigar máis sobre estes animais. Comezamos, por tanto, un novo proxecto. Recollemos as idas previas sobre o tema e formulamos preguntas sobre o que queremos saber: como son os dinosauros por dentro, como era o noso planeta cando vivían os dinosauros, como se formou o noso planeta, que animais vivían cando vivían os dinosauros, como son os meteoritos, ....
Da casa trouxemos libros, películas, para comezar a investigar. Creamos un pequeno recuncho na aula para situar este material.
No hay comentarios:
Publicar un comentario