Nas fotos que se subiron da excursión,falta unha moi especial. Esta foto quitámola todos xuntos ao rematar o percorrido pola exposición. Foi un pequeno agasallo que no fixeron. Está colocada nunha plantilla que fai que semelle que saímos no xornal. Agardamos que vos guste!!
UN BLOG CREADO PARA COMPARTIR AS EXPERIENCIAS EDUCATIVAS LEVADAS A CABO NA AULA DE INFANTIL 4 ANOS DO CEIP RICARDO TOBÍO
miércoles, 15 de enero de 2014
lunes, 13 de enero de 2014
DAYS OF THE DINOSAUR
O luns 13 de Xaneiro, realizamos unha excursión a Vigo, ao IFEVI, para visitar a exposición "Days of the dinosaur". Nela puidemos ver cómo eran os dinosaurios, cómo vivían, de que se alimentaban, as diferencias entre uns e outros,... Foi fascinante!! Ademais vimos unha peli en 3D con unhas gafas moi chulis. Pasamolo moi ben!! Este é un tema que nos encanta e sobre o que queremos investigar moito máis!! Polo momento deixámosvos unhas fotos da excursión
jueves, 2 de enero de 2014
ÁRBORES DE NADAL
Como xa sabedes, este curso estamos inmersos nun proxecto sobre reciclaxe, por iso decidimos que a nosa árbores de Nadal ía ser un pouquiño especial. Estaría elaborada con material de refugallo. Como tiñamos tantas ideas, en lugar de unha, creamos varias árbores: con CD's, bandexas de poliespán, carozos,...
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso e das árbores
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso e das árbores
ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE
sábado, 28 de diciembre de 2013
FESTA DO MILLO
Para rematar co proxecto do millo, nada mellor que unha festa con productos elaborados a partir do mesmo: millo doce, cereais, tortiñas, empanada de millo, broa, biscoito, palomitas, gusanitos, ... Así coñecemos a importancia do millo na nosa alimentación! Estaba todo riquísimo!!
PAN DE MILLO
Unha das actividades máis divertidas que fixemos no proxecto do millo foi a de elaborar broa. A fariña que trouxemos do muíño de Carnota peneirámola, para separar a máis fina (óleo) da máis gorda (relón), que se usa para alimentar os animais. Logo, o óleo amasámolo e fixemos uns boliños de pan de millo que se coceron no forno. Aquí van as fotos do proceso
martes, 19 de noviembre de 2013
UNHA MESA DE LUZ NA AULA
Durante o curso 2010/20011 tiven a oportunidade de visitar as escolas de Reggio Emilia, en Italia. Todo un referente para calquera mestra de Educación Infantil. Nestas escolas, o coidado dos ambientes e a educación artísitica é fundamental. A experiencia foi fantástica. Aprendín moitísimo e replanteeime moitas das actuacións que levamos a cabo diariamente na aula. A realidade de Reggio é moi distinta a nosa, e lóxicamente hai moitísimas cousas que non se poden trasladar ao noso contexto, pero tamén hai pequenas cousiñas que podemos ir cambiando. Unha das ideas que trouxen da viaxe foi a de contar con unha mesa de luz na aula. Alí, en case todas as clases teñen unha e o alumnado fai unhas composicións fantásticas experimentando con diferentes materiais. Este curso, grazas a Alfonso, (o meu primo, que é un manitas) temos unha mesa de luz na aula. Hoxe estrenámola debuxando con area! Foi fantástico


lunes, 18 de noviembre de 2013
EXCURSIÓN A CARNOTA
Na aula, os pekes de Esteiro, estamos realizando un proxecto sobre o millo. A semana pasada, como parte do mesmo, fixemos unha saída a Carnota para visitar o hórreo e un muíño de río.
Descubrimos que, a pesar que o hórreo de Carnota é longuísimo, non é o máis grande do mundo. O máis longo está en Araño, Rianxo, pero non ten pés. O segundo máis longo está en Lira, pero atópase en peor estado de conservación. O hórreo de Carnota é, por tanto, o terceiro hórreo máis grande de Galicia e do mundo.
Contamos as súas patas. Ten 44.
O muíño que fomos visitar está no lugar de Canedo. Atópase restaurado e alí van a moer os veciños o millo para darlle aos animais e facer empanadas e pan de millo.
Vimos como a auga do rio chegaba ata el e movía o rodicio que pon o muíño a funcionar. Levamos un saquiño de millo para moer e trouxemos fariña para facer broa.
Velaquí as fotos da excursión!
ESPIGAS DE MILLO
Estes pekes teñen unhas familias fantásticas! Moi colaboradoras, participativas e creativas!! Ollade que bonecos de millo tan orixinais fixeron a partir do proxecto que estamos a levar a cabo na aula!
Moooitas grazas!!!!!
COCIÑA TERRORÍFICA
Un ano máis, coincidindo coas Xornadas "Pasámolo de medo" realizamos un taller de cociña terrorífico. Desta vez o menú constou de sopa de vermes, momias, pantasmas e cabazas.
Velaquí as fotos da elaboración dos pratos e da súa degustación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



