UN BLOG CREADO PARA COMPARTIR AS EXPERIENCIAS EDUCATIVAS LEVADAS A CABO NA AULA DE INFANTIL 4 ANOS DO CEIP RICARDO TOBÍO
viernes, 25 de octubre de 2013
UNHA HORTA NA ESCOLA
Este curso decidimos preparar a horta da escola para plantar diferentes cultivos. Desta maneira aprenderemos moitas cousas sobre as plantas, os seus coidados, o proceso de crecemento...
Para iso precisamos da colaboración das familias.
O tío de Samu veu co tractor a preparar a terra, e logo viñeron a sachar as mamás de Pablo, Iván, Ainhoa, Samuel e a mamá e a tía de Aarón.
Agradecemos moitísimo a súa implicación e colaboración!!
Grazas a súa axuda poderemos sementar diferentes productos. Comezaremos con cultivos de outono, tales como o ceboliño, as nabizas, repolo, perexil,...
jueves, 24 de octubre de 2013
RECICLAMOS PAPEL
Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo sobre reciclaxe, unha das actividades máis destacada foi a de elaborar papel reciclado.
Recollemos papeis usados polo colexio, rachámolos, mesturámolos con auga, batémolos coa batedora... A masa resultante xuntamola con máis auga e logo empregamos os tamices para coller a pasta e filtrar o líquido. Absorvemos a auga con baetas e deixamos a secar sobre papel de xornal.
Así de facil fabricamos o noso propio papel.
Aquí podedes ver o proceso.
viernes, 18 de octubre de 2013
REDUCIR REUTILIZAR E RECICLAR NO CEIP RICARDO TOBÍO
Estes días tivemos na nosa aula a Rosa, unha nova mestra que estivo facendo prácticas.
Con ela aprendemos moito sobre o coidado do medio ambiente e as "Tres R": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.
Velaquí un video que fala sobre a importancia de todo isto e que fixemos coa súa colaboración! Tomade nota do que nel se di!!
CÍRCULOS DO OUTONO
Empregando a técinca do centrifugado realizamos uns círculos moi sorprendentes coas cores do outono. Encantounos descubrir esta técnica tan divertida!!
Ademáis, cos círculos fixemos un precioso móbil que que colga no noso pasillo!
Gústavos??
SOMBREIROS CONTACONTOS
Durante os primeiros días de escola, os pekes de catro anos descubrimos na biblioteca do cole un tesouro moi especial... un baúl cheíño de libros e un sombreiro contacontos.
Cando a mestra nos conta un conto sempre emprega ese sombreiro. É moi especial! A nos gustounos tanto que decidimos crear o noso propio sombreiro contacontos empregando diferentes materiais: plumas, pompóns, purpurina,...
Mirade que chulis nos quedaron!!!
OLA DE NOVO!!
Despois de todo un curso sen facer ningunha entrada no blog decidín retomalo para compartir, principalmente coas familias, as expereiencias que estamos a realizar na aula de catro anos do CEIP Ricardo Tobío. Desta maneira poderedes estar máis informados de todo o que fan os vosos pekes no cole. Espero poder actualizalo a miúdo! Saúdos!!
Raquel
martes, 12 de junio de 2012
CÓMO SE FIXO A PELÍCULA DA SEREÍÑA ARIEL
Neste video os pekes de Esteiro explicámosvos como rodamos a nosa peli. Nel tamén podedes ver algunha das tomas falsas.
lunes, 11 de junio de 2012
A SEREÍÑA ARIEL
Este trimestre, os pekes de Esteiro descubrimos moitas cousas sobre o cine e incluso creamos a nosa propia película a partir dun dos nosos contos preferidos: A sereíña Ariel. Iso si, fixémoslle algúns cambios.
O proceso de creación da película foi longo. Primeiro tivemos que crear o guión, fixemos os castings para seleccionar aos actores e ás actrices, preparamos o vestiario e os decorados, fixemos ensaios, aprendemos a manexar a cámara, rodamos escenas,... O montaxe final fixoo a profe empregando un programa de edición de video.
Fixemos unha preestrea da película á que asistiu o alumnado de infantil e as familias dos actores e actrices. A estrea tivo lugar nun dos recreos e a ela foron moitos compañeiros de primaria.
Para que todos poidades disfrutar da peli colgámola aquí, no noso blogue. A calidade non é moi boa porque tivemos que reducila para poder subila á rede. Esperamos que vos guste!!
XOGOS TRADICIONAIS
O pasado venres, día 8, os pekes de infantil celebramos no colexio unha xornada de xogos tradicionais. Xogamos ás chapas, ós birlos, ó arrastre de peixes, ós trompos, á rá, ao coelliño e a toba, a pillar o rabo do raposo e tamén fixemos xogos de roda con cancións tradicionais. Gúastannos moitos estes xogos cos que tamén disfrutaban os nosos pais e nais, avós e avoas,... Velaquí unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!!
domingo, 10 de junio de 2012
DE EXCURSIÓN
O pasado mércores 6 de Xuño fomos de excursión ao centro ocupacional de Valadares. Alí acolléronnos moi cariñosamente. Mostráronnos cómo traballaban nos seus talleres de barro, cestería e viveirismo, e deixáronnos participar nos mesmos. Co que máis disfrutamos foi co de barro. Fixemos churros, bolas, cuncas, caracois, bonecos,... O de cestería era un pouquiño máis difícil, pero coas explicacións das monitoras colaboramos na elaboración de cestos. Tamén traballamos coa terra e plantamos algúnha planta, como poderedes ver nas fotos que aquí deixamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

