OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

lunes, 11 de junio de 2012

A SEREÍÑA ARIEL

Este trimestre, os pekes de Esteiro descubrimos moitas cousas sobre o cine e incluso creamos a nosa propia película a partir dun dos nosos contos preferidos: A sereíña Ariel. Iso si, fixémoslle algúns cambios. O proceso de creación da película foi longo. Primeiro tivemos que crear o guión, fixemos os castings para seleccionar aos actores e ás actrices, preparamos o vestiario e os decorados, fixemos ensaios, aprendemos a manexar a cámara, rodamos escenas,... O montaxe final fixoo a profe empregando un programa de edición de video. Fixemos unha preestrea da película á que asistiu o alumnado de infantil e as familias dos actores e actrices. A estrea tivo lugar nun dos recreos e a ela foron moitos compañeiros de primaria. Para que todos poidades disfrutar da peli colgámola aquí, no noso blogue. A calidade non é moi boa porque tivemos que reducila para poder subila á rede. Esperamos que vos guste!!

2 comentarios:

  1. Esta é a peli que mais me gusta do mundo..... Fixéstelo xenial, sodes uns actorazos!!!!! Moitos biquiños para todas e todos.

    ResponderEliminar
  2. Gústame o blogue dos nenos de Esteiro!! ajajajajaj moi divertido e moi interesante para os pekes!!!
    Enhoraboa!!!!

    ResponderEliminar