OS ALUMN@S DE INFANTIL 4 ANOS

lunes, 10 de octubre de 2011

UN NOVO CURSO

Un curso máis aquí estamos os pekes de Esteiro. Xa temos 5 anos (case todos) e somos os maiores de Infantil!!
Desta vez temos un compi menos, Xoán, que se foi a vivir a Nova York. Botámolo moito de menos, aínda que mantemos o contacto con el a través de Internet.
Na aula xa estamos a facer moitas cousiñas coas nosas mestras para seguir aprendendo un montón. Pouco a pouco elas irán subindo fotos e contando o que facemos aquí para que as familias estedes ben informadas. Polo momento comentámosvos que estamos levando a cabo un proxecto sobre o Supermercado, incluso creamos un na aula!. Desta maneira traballaremos as matemáticas dunha forma moi divertida!

Unha aperta a tod@s e esperamos que este curso visitedes moito o noso blog!

sábado, 2 de abril de 2011

COÑECEMOS A ABRAHAM CARREIRO

No pasado mes de Marzo tivemos a posiblidade de coñecer a un ilustrador de libros infatís. Abraham Carreiro. Estivo no noso cole e contounos un pouqiño en que consistía o seu traballo. Ademáis fíxonos unha demostración do ben que debuxaba. Deixounos varios debuxos para colorear entre todos e ademáis regalounos o debuxo dun gnomo para poñer no noso bosque!

TRANSPLANTAMOS FRESAS

Coa chegada da primavera, fixemos unha actividade para coñecer máis sobre a vida e o crecemento das plantas. Transplantamos unhas fresas!!. Vimos nelas as partes das plantas, a raíz, o talo, as follas..., medímolas, contamos as flores que tiñan, e falamos de que esas flores se ían convertir en fresas riquísimas.
Colocámolas na ventá e regámolas a miúdo, xa que sabemos que as plantas precisan de auga e de luz para vivir.
Esperamos que medren pronto e poidamos comer algunha fresa antes de que remate o curso!

domingo, 27 de marzo de 2011

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Este xoves 24, tivemos unha festa para celebrar o aniversario dos nenos que cumprían anos neste segundo trimestre: Xián, Sofía, Lola, Javi e Iván. Realizamos un taller de cociña no que preparamos unha crema de froitas do bosque: con iogur, amorodos, arándanos e framboesas. Tamén elaboramos uns bocadiños de queixo e xamón. Estaba todo riquisimo!!

miércoles, 23 de marzo de 2011

SOMOS UN MÁIS NA CLASE!!

Hoxe recibimos un agasallo moi especial. Javi e a súa nai trouxéronnos unha mascota para a clase, un peixiño que entre todos debemos alimentar e coidar!
Fíxonos moitísima ilusión!! A partir de agora teremos que alimentalo todos os días, limparlle a peixeira a miúdo, e tratalo con moito cariño... coidando de non facer moito ruído na clase para que non se asuste.
Xa lle puxemos un nome. Había varias opcións: pecezuelo, pececito rojo, amiguito... O final o máis votado foi "Pececito Rojo" , así que este será o nome da nosa nova mascota!
Moitísimas grazas a Javi e a súa mamá Pepita!

lunes, 7 de marzo de 2011

GNOMOS E FADAS NA FESTA DE ENTROIDO

Este venres 4 de Marzo celebramos a festa do Entroido. Todo o alumnado foi vestido de algo relacionado co bosque, xa que esta é a temática dun proxecto que estamos a traballar no cole co motivo de que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques.
Así houbo árbores, animaliños, flores, leñadores, cazadores.. e seres fantásticos.
Os de infantil fomos de gnomos e fadas.
Todos xuntos participamos nunha representación e logo nun gran desfile! Rematamos con orellas filloas e demáis doces.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración, xa que nos axudaron moito coa confección dos disfraces: coas casacas dos gnomos e coas alas das fadas, que quedaron preciosas!

DISFRUTANDO DO ENTROIDO

Durante esta última semana de clase pasámolo en grande, xa que comezamos a disfrutar coas cousiñas do entroido. Cada día o meco dábanos unha consigna e o día seguinte tiñamos que vir ó cole dunha determinada maneira, así un día viñemos ataviados con flores, outro cos zapatos desparellados, coa cara pintada de animal... foi moi divertido! Tamén fixemos unhas carautas de animais de bosque. Mirade que chulas!!

FACEMOS PAPEL RECICLADO

Como xa saberedes, os pekes de Esteiro estamos inmersos nun proxecto sobre o bosque. Estamos moi concienciados da importancia das árbores, por iso decidimos facer un taller de papel reciclado para comprobar o importante que é reciclar papel e evitar a tala indiscriminada de árbores.
Velaquí unhas fotos da experiencia


lunes, 14 de febrero de 2011

CONTOS CON MÚSICA

O mércores 9 de Febreiro disfrutamos dun contacontos moi especial... Unha rapaza chamada Patri e o seu amigo Álex viñeron á biblio do cole a contarnos uns contos chulísimos: "Un gran soño" "Unha parella diferente" e "Un becho estraño", da editorial Kalandraka.
Os contos eran moi interesantes, e mentras Patri os contaba, Álex tocaba instrumentos diferentes: acordeón, carraca, frauta de émbolo, birimbau...
Disfrutamos un montón escoitando os contos, cantando e acompañando a música coas nosas palmas
Queremos que volvan pronto con máis contos!!

miércoles, 2 de febrero de 2011

QUEREMOS A PAZ!

Durante a semana do 21 ao 28 de Xaneiro, estivemos a realizar diferentes actividades relacionadas coa guerra e coa paz. Coñecemos a tristura da guerra e vímola representada a través do Guernica, pintado por Picasso e descubrimos o importante que é a paz, que todos nos levemos ben, que nos axudamos que nos queiramos, xa que só desta maneira podemos ser felices.

Coas nosas mans e as de todos os compis de infantil creamos un video co que expresamos o noso desexo de paz.